O nigranés Iván Roade, segundo na Vigo +11

FOTO: DIFUSION PROSPORT // Roade, Costa e Basconcelo no podio.

Iván Roade Lago subiuse este domingo ao podio como segundo clasificado da 10ª Carreira Popular Vigo +11 – Trofeo El Corte Inglés, organizada pola Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio de El Corte Inglés, e a colaboración do Concello de Vigo.

O corredor nigranés do CA Bikila completou os 10.600 metros do percorrido con saída e meta na rúa Concepción Arenal, esquina Luis Taboada, nun tempo de 33:22. O primeiro dos 800 atletas que a finalizaron foi Nuno Costa (33:01), do Tamber Baike Running, e terceiro Gonzalo Basconcelo Araújo (34:02), do Real Club Celta de Atletismo.

O percorrido da proba, incluída no circuíto de carreiras populares do Concello de Vigo, foi Concepción Arenal, Alameda, García Olloqui, Montero Ríos, Carral, Marqués de Valladares, Colón, García Barbón, Isaac Peral, Arenal, Alameda, García Olloqui, Montero Ríos, Cánovas del Castillo, Beiramar, As Ánimas, Tomás Alonso, Coruña, Centro Comercial Traviesas, parte dereita Camelias, Álvaro Cunqueiro, Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzáiz, Colón e, de novo, Arenal.