
As dúas marquesiñas da parroquia baionesa de Baíña están desde esta fin de semana cheas de cor. Miguel Ángel Amores e Alejandro Penedo, coa axuda de veciños voluntarios, o Centro Cultural, Ardelume e o Baíña Fútbol Sala, convertéronas en dous lenzos. Unha delas está dedicada ao Día das Letras Galegas 2021, con Xela Arias, editora, tradutora e poeta á que a Real Academia Galega dedica esta edición, e Samuel Soto, músico e profesor que dedicou unha canción á homenaxeada este ano. Nun lateral podemos ver tamén o logo de Ardelume. Na outra marquesiña podemos contemplar unha paisaxe do faro de Cabo Silleiro, e unha pelota xunto co escudo do Baíña Fútbol Sala.