A Deputación aproba novas achegas para financiar actividades socioculturais de Nigrán e Gondomar

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas do Plan Concellos para dotar de recursos aos municipios da provincia, neste caso cun investimento de 508.131 euros ao abeiro da Liña 2, destinada a financiar amortizacións, pagamento de débedas, gastos correntes e actividades socioculturais. En concreto, repartiranse 22 achegas que beneficiarán a 15 concellos: Bueu, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Dozón, A Estrada, Gondomar, O Grove, Lalín, Mondariz, As Neves, Nigrán, Pontecesures, Redondela, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa. Nigrán recibirá tres achegas para financiar actividades socioculturais, máis concretamente o Solpor Monteferro (8.000€), o Parrulas Fest (5.000€) e a Música nas Parroquias (12.000€), mentres que o Concello de Gondomar financiará o ciclo de charlas obradoiro Falamos (4.647€).