Conclúe o primeiro encontro de oncoinfluencers portuguesas en Talaso Atlántico

Talaso Atlántico acolleu ata hoxe, 6 de maio, OncoWeek, o primeiro encontro de oncoinfluencers de Portugal. En colaboración co Centro de Apoio ao Doente Oncolóxico do país veciño, o evento deu voz a unha ducia de mulleres, moitas delas pacientes de cancro, que contaron como se enfrontaron á enfermidade e a súa implicación para visibilizala e axudar a outras mulleres. Moi activas todas elas en redes sociais, é a primeira vez que se reúnen. Para iso elixiron Talaso Atlántico por ser un centro de talasoterapia fortemente involucrado no coidado aos pacientes de cancro con programas de tratamentos específicos supervisados polo director médico, Salvador Ramos.