Aberto o prazo de inscrición no Conservatorio Municipal de Música de Gondomar

Xa está aberto o prazo de inscrición, durante todo o mes de maio, para o acceso ao 1º curso no Conservatorio Elemental de Música de Gondomar para o vindeiro curso 2021/2022. Poderase escoller entre varios instrumentos como clarinete, saxofón, violín, viola, guitarra ou piano, e actividades complementarias como orquestra, coro, concertos, conferencias e moito máis. Máis información nos teléfonos 986 369 746 (mañás) e 986 389 283 (tardes), na páxina web do Conservatorio ou enviando un correo electrónico a cmus.elemental.gondomar@edu.xunta.es.