O proceso de vacinación masiva no Ifevi prolongarase ata o próximo domingo

O proceso de vacinación masiva no IFEVI vaise prolongar ata o próximo domingo 2 de maio, día tamén incluído. En total, esta semana estase citando a 32.605 persoas para administrarlle a vacina, xa que aos 10.900 citados ata a mañá de hoxe hai que engadirlle os 21.705 invitados para os próximos días, xa mesmo para a tarde de hoxe. En xeral, esta poboación diana pertence aos grupos etairos de 60-65 e de 70-79 anos. Ademais, hai que subliñar que na fin de semana se inicia o proceso de inoculación das 2ª doses a 15.100 persoas de entre 70-79 anos.