Miguel Rodríguez Tábara do Club Marítimo de Canido proclamouse na tarde do domingo vencedor absoluto do Trofeo Vithas de Optimist celebrado na ría de Vigo. O Sub16 vigués é actualmente o número 2 da Clasificación de Galicia, e logrou relegar na proba de peche ao optimista do Club Náutico Deportivo de Riveira Bruno Iglesias á cuarta praza, completando o podio final Martínez Mijares e Pepa Bermúdez de Castro, ambos os dous do Equipo de Regatas Abanca do Real Club Náutico da Coruña.
O evento que organiza o Marítimo de Canido, aspira a converterse nun referente a nivel ibérico, celebraba a súa clausura na tarde do domingo, que contou coa presenza do concelleiro vigués de deportes Manel Fernández.
Mal pintaban as cousas á primeira hora da mañá en Canido: choiva e nin pinga de vento… malos condimentos para cociñar unha boa regata. A situación tardou moito en cambiar, pois a frota recibía orde de facerse á mar, cando case ninguén apostaría que se ía a celebrar proba algunha.
A paciencia e profesionalidade do que é un dos mellores xuíces galegos: o arousán Juan José Durán, foi decisiva cando pasaban sete minutos das dúas da tarde, pois soaban as bucinas dos xuíces co sinal de comezo da que sería a segunda e definitiva manga.
Ventos de 7 nós do nordeste acompañaban á frota, logrando o primeiro posto Miguel Rodríguez Tábara, sendo a segunda praza para a mellor optimista do Monte Real Club de Yates de Baiona… Aitana Pérez, o que lle valía para ser a prata entre as mozas, sendo soamente superada pola coruñesa Pepa Bermúdez de Castro (filla do patrón da Volvo Ocean Race, Chuny).
Quen non anda fina era a número uno da Clasificación feminina: a pontevedresa do Real Club Náutico de Sanxenxo, Natalia Domínguez que baixaba ata a sexta praza, produto dun décimo posto nesta segunda manga; o que provocaba que a gran favorita se tivese que conformar co bronce entre as mozas.
Tamén é preciso resaltar os coruñeses Jaime Sánchez e Pedro Núñez, que lograban meterse no top ten, así como Jorge Costas do Real Club Náutico Rodeira e o vigués do Canido Vithas Team, Fernando Campos. En canto á potente frota do Real Club Náutico de Vigo, os seus mellor optimistas eran Mencía García e Paco Riveras… sendo Marta Torres do Grupo Bazán de Ferrol, a mellor posicionada da numerosa frota de Ferrolterra.
TROFEO VITHAS DE OPTIMIST – Clasificación Final (20 primeros)
1º MIGUEL RODRIGUEZ (CM CANIDO), 6-1= 7 puntos
2º MARTIN MIJARES (RCN LA CORUÑA), 2-6= 8
3º PEPA BERMUDEZ DE CASTRO (RCN LA CORUÑA), 5-3= 8
4º BRUNO IGLESIAS (CND RIVEIRA), 1-8= 9
5º AITANA PEREZ (MRCY BAIONA), 11-2= 13
6º NATALIA DOMINGUEZ (RCN SANXENXO), 4-10= 14
7º JAIME SANCHEZ (RCN LA CORUÑA), 9-5= 14
8º JORGE COSTAS (RCN RODEIRA), 7-9= 16
9º PEDRO NUÑEZ (RCN LA CORUÑA), 12-7= 19
10º FERNANDO CAMPOS (CM CANIDO), 8-18= 26
11º PABLO MARQUINA (MRCY BAIONA), 14-16= 30
12º DANIEL PAZ (RCN RODEIRA), 3-31= 34
13º ANA COSTAS (RCN RODEIRA), 22-13= 35
14º EMMA CHAMORRO (CM CANIDO), 16-19= 35
15º MENCIA GARCIA (RCN VIGO, 26-12= 38
16º PACO RIVERAS (RCN VIGO), 15-23= 38
17º RODRIGO PEREZ (CM CANIDO), 17-22= 39
18º MARTINA ALONSO (CM CANIDO), 20-21= 41
19º MARTA TORRES (BAZAN FERROL), 32-11= 43
20º MARTIN MONTES (MRCY BAIONA), 13-30= 43


