Gondomar agasalla á mocidade co “poder” da lectura

Neste ano 2021, o Concello de Gondomar deu comezo o programa de fomento á lectura dirixido á mocidade “Abrindo Portas”, a través do cal cada mes propóñense distintas lecturas o redor dun tema. Como parte deste programa, dende a Concellería de Xuventude non podían deixar pasar unha data tan importante como o Día do Libro, que se celebra hoxe venres, 23 de abril.

O libro é unha ferramenta que nos dá un poder: o poder de facernos viaxar, reflexionar, latexar, bagoar, sorrir, entreter, coñecer, aprender, empatizar… A mocidade do concello con idade entre 12 e 35 anos poderá disfrutar dun libro das propostas realizadas no programa “Abrindo portas”.

Tan só teñen que facer un oco para recollelo, hoxe venres día 23 de abril, en horario de 9:00h a 13:30 e de 17:00 a 19:00 horas na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). Hai un número limitado de exemplares.