Naturgy abre unha nova tenda en Nigrán

Naturgy reforza o servizo de atención aos seus clientes residenciais e pemes na área metropolitana de Vigo coa apertura dunha nova tenda no municipio de Nigrán, que estará situada na Avenida Val Miñor, nº7, con horario de luns a venres, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00. Este novo establecemento estará xestionado pola empresa colaboradora Gallaecia Asesores 2011, S.L.

Cumprindo coa normativa de seguridade deseñada polas administracións, a atención a clientes en Galicia realízase con cita previa e determinouse aforo limitado nas tendas. Hanse reconfigurado os espazos para garantir distancias de 2 metros tanto nas zonas de espera como nos postos de atención, primando sempre a seguridade, zonas sinalizadas mediante nova señalética instalada en chans e biombos.

Dado que se trata de espazos pechados, lémbrase o uso obrigatorio de máscaras por parte dos clientes e os empregados. Todas as tendas Naturgy contarán con xel hidroalcohólico, e paneis informativos sobre as medidas de seguridade, así mesmo implementouse un novo método de xestión de residuos baseado en dispositivos de pedal no que depositar equipos de protección ou material refugable. Os servizos de limpeza tamén se reforzaron en cada un dos centros.

Aposta pola proximidade aos clientes

Naturgy está a apostar por tendas máis próximas aos barrios e aos seus clientes, que poderán recibir, nestes establecementos, información sobre a completa carteira de servizos que ofrece a compañía, así como asesoramento en materia de eficiencia enerxética e na xestión de subministracións, ademais de atención aos clientes de Naturgy. A nova tenda tamén propoñerá un servizo de instalación e mantemento de calefacción, caldeiras, bombas de calor, etc.

Naturgy reafirma o seu compromiso cos seus clientes residenciais e pemes na provincia de Pontevedra, onde ten a máis de 515.000 clientes nos mercados eléctrico, gasista e de servizos. En Galicia, Naturgy conta cunha carteira de máis de 1,6 millóns de clientes no mercado doméstico e de pemes.