Modepen Val Miñor convoca unha concentración na Ramallosa

Modepen Val Miñor convoca este sábado, 17 de abril, ás 12:30 horas, unha concentración na Alameda da Ramallosa formando parte da convocatoria de mobilizacións dos movementos de pensionistas de toda España. O motivo é manifestarse contra a privatización das pensións e a introdución dos Plans de Pensións de empresa, que botan aos pensionistas cara á precarización.