Sin categoría

O PP de Nigrán reitera o ocultismo que xira ao redor da tramitación do PXOM

A candidata á alcaldía de Nigrán polo PP, María José Pino, non entende o ocultismo que xira ao redor da tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal nin cales son as intencións do alcalde Juan González a este respecto. Segundo asegura, a resposta recibida durante os últimos catro anos reduciuse a un “estamos en iso” sen que lle fose posible acceder á documentación tras solicitala polo menos en dez ocasiones. Pino asegura que a situación é preocupante, que todos os avances obtidos tanto pola candidata como polo seu grupo limítanse ás declaracións do alcalde publicadas hai dous meses. Nelas asegura que o documento conta con todos os informes sectoriais favorables e que unha vez que a Xunta conteste poderase levar a cabo a aprobación provisional en Pleno. “O prazo estipulado está a piques de cumprirse, como grupo da oposición temos dereito a que se nos manteña informados”, declara.

Pino entende que se a Axencia Galega de Infraestruturas acabou dando o brazo a torcer á eliminación da vía de alta capacidade A Xunqueira-Saiáns, é porque incluíron algunha alternativa que convencese ao organismo dependente da Xunta para que a mobilidade do municipio non se vise comprometida. “Queremos saber exactamente cal é a fórmula adoptada e en que medida afecta o trazado municipal”, manifesta. Ao mesmo tempo insiste en que este paso é indispensable para estudar se levaron a cabo variacións substanciais porque de ser así habería que volver levalo a exposición pública, pola contra podería poñerse en perigo o seu respaldo xurídico ata o punto que podería invalidarse. “No caso de que os cambios afecten a terreos, os seus propietarios teñen que dispoñer dun prazo para presentar as alegacións correspondentes”, engade.

Para o PP de Nigrán é imprescindible que todo o seu desenvolvemento se leve a cabo baixo un proceso de total transparencia, e insta o alcalde a que dea as instrucións pertinentes que lles permita ter acceso a unha copia exacta do Plan para poder avaliar o estado actual no que se atopa.