A Lotería Nacional deixa un primeiro premio en Nigrán

O Sorteo da Lotería Nacional deste xoves deixa un primeiro premio en Nigrán, co número 28.056. O boleto adquiriuse na administración situada no número 15 do Paseo Marítimo de Panxón. Este primeiro premio deixa 300.000 euros á serie, aínda que se descoñece o número de billetes que se venderon na localidade miñorana. Ademais de Nigrán, tamén houbo primeiros premios en Benidorm, Xixón, Barcelona, Sant Adriá de Besós, A Fraga, Parla, Pinto, Coria del Río e Gandía. O segundo premio, de 60.000 euros á serie, foi para o número 74.281, consignado en Arcos de la Frontera. Os reintegros foron o 6, 0 e 4.