Sin categoría

Sanidade repartiu 1.602.800 de máscaras entre as Comunidades Autónomas

O Ministerio de Sanidade repartiu esta fin de semana entre as CCAA un total de 1.602.800 máscaras destinadas a pacientes e profesionais sanitarios. Ademais, Sanidade reforzou os procesos de adquisición deste produto sanitario a través de novas compras de partidas moito máis numerosas, que chegarán a España ao longo da próxima semana.

Desde o 10 de marzo, distribuíronse un total de 4.046.089 máscaras en todo o territorio nacional. Os criterios de repartición están baseados en porcentaxe de poboación e nas necesidades epidemiolóxicas. Así, a Comunidade de Madrid recibiu un 29,96% deste material sanitario (1.212.261 máscaras), seguido de Cataluña (513.393 máscaras que supoñen un 12,69% do total repartido).

Ademais, iniciouse xa a repartición dos test rápidos de detección de COVID-19. Este mesmo domingo procedeuse á distribución dos primeiros 8.000 test na Comunidade de Madrid. En total, o Ministerio adquiriu 640.000 test rápidos procedentes de China aos que se sumarán outros seis millóns importados de países europeos.

ENTIDAD

TOTALES REPARTIDOS

% QUE REPRESENTA RESPECTO AL TOTAL REPARTIDO

ANDALUCÍA 444.083 10,98%
ARAGÓN 72.455 1,79%
ASTURIAS 60.229 1,49%
BALEARES 49.476 1,22%
CANARIAS 124.165 3,07%
CANTABRIA 27.589 0,68%
CASTILLA LA MANCHA 272.718 6,74%
CASTILLA Y LEÓN 346.365 8,56%
CATALUÑA 513.393 12,69%
EXTREMADURA 52.362 1,29%
GALICIA 117.907 2,91%
LA RIOJA 56.210 1,39%
MADRID 1.212.261 29,96%
MURCIA 56.285 1,39%
NAVARRA 114.816 2,84%
PAÍS VASCO 190.734 4,71%
VALENCIA 278.308 6,88%
INGESA 19.341 0,48%
CEUTA 22.871 0,57%
MELILLA 14.521 0,36%
TOTAL 4.046.089 100,00%