Nigrán instala un sistema de iluminación de cores na ponte da Ramallosa

O 2 de abril celebrouse o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo baixo o lema “Podo aprender. Podo traballar”, dous eixes claves para a inclusión e mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias a educación e o emprego. Con esta ocasión o Concello de Nigrán estreou o cambio de iluminación da ponte da Ramallosa incorporando 8 focos leds que permiten elixir a cor a través dun mando a distancia e que conleva un aforro enerxético do 75% no consumo eléctrico con respecto á antiga iluminación por focos. Esta incorporación permitirá que non só a Casa Consistorial se coloree en función da efeméride que se celebre, se non tamén agora a ponte da Ramallosa, emblema do municipio e lugar de gran tránsito entre os tres concellos do Val Miñor.

“Esperamos conseguir a recuperación do Camiño de Santiago tras o COVID e queremos que esta ponte outorgue visibilidade ás diferentes campañas que se levan a cabo internacionalmente e que nas que o Concello sempre participa porque así nolo piden as respectivas entidades implicadas”, declara Juan González, alcalde de Nigrán.