Nigrán inviste 2.600 € na renovación das canastras de Gaifar e A Carrasca

O Concello de Nigrán renovou esta semana as canastras das pistas deportivas de Gaifar (Panxón) e os aros e redes das situadas na Carrasca (Parada) cun investimento de 2.600 €. Mentres que en Gaifar tratouse dunha substitución completa de todo o xogo de basket (fora retirado hai meses debido ao seu mal estado) en Parada só se mudou o aro ao atoparse en boas condicións o resto. En ambos casos empregouse material antivandálico e de alta resistencia fronte á corrosión, así, os novos taboleiros, tubo, aro e redes son de aceiro galvanizado.

“Trátase de canastras para uso recreativo en exterior pola súa gran resistencia, máxime aquí en Panxón, onde a salinidade do mar corroe facilmente calquera elemento se non reúne as condicións axeitadas”, subliña González, quen destaca os investimentos deportivos realizados en Panxón nos últimos anos, como a pista multideporte ao carón do Pavillón ou os recentes parques de calistenia e biosaudable. “Una zona ao carón do mar e co Pavillón Municipal é especialmente axeitada para apostar polos deportes ao aire libre, o máis seguro actualmente”, incide.