A Xunta manterá o nivel alto de restricións no concello de Baiona

A Xunta de Galicia manterá o nivel máximo de restricións no concello de Beade, logo de escoitar as recomendacións do subcomité clínico de expertos que avalía a situación da covid-19 en Galicia e que se reuniu esta mañá.

Así mesmo, a asemblea de especialistas determinou o establecemento do nivel alto de restricións en dez concellos galegos, concretamente en Maside, Vilardevós, Cortegada, Abegondo, Ortigueira, O Saviñao, Baiona, Sanxenxo, Pazos de Borbén e Padrenda.

Quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Arteixo, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Camariñas Cangas, O Carballiño, Carral, Celanova, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Laxe, Neda, Pantón, Ribadavia, Sober e Xinzo de Limia.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro luns, 29 de marzo.

Nivel de Restrición Alta

LIMITACIÓN DA LIBERDADE DE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO

Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:

1. Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.

2. Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

3. Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.

4. Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.

5. Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste punto.

6. Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

7. Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

8. Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

9. Abastecemento en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.

LIMITACIÓN DA PERMANENCIA DE GRUPOS EN ESPAZOS PÚBLICOS OU PRIVADOS

• Limitanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de catro persoas, excepto no caso de persoas conviventes en que non se aplicará esta limitación.en espazos pechados de uso público, ou de seis persoas en espazos de uso público ao aire libre.

• En espazos de uso privado  a permanencia de grupos de persoas quedará limitada a conviventes

• As excepcións contémplanse no punto 3 do Apartado Segundo do Decreto 45/2021 do mércores 17 de marzo.

LIMITACIÓN DA ENTRADA E SAÍDA DAS PERSOAS DO ÁMBITO TERRITORIAL DOS CONCELLOS

https://coronavirus.sergas.gal/Con​tidos/Restricions-Perimetrais 

• As excepcións contémplanse no punto 3 do Apartado Segundo do Decreto 45/2021 do mércores 17 de marzo.

VIDA SOCIAL E COMUNITARIA

• Lugares de culto: 50% da súa capacidade máxima permitida.

• Velorios: 10 persoas por túmulo sexan ou non conviventes e 25 en espazos abertos.

• Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas sexan ou non conviventes.

• Non se poderán realizar actuacións de coros ou agrupacions vocais de canto.

• Actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesioanais: 30% da capacidad autorizada do local. Límite de 75 persoas en locais pechados e 150 persoas en locais ao aire libre.

• Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 30% da súa capacidade máxima permitida. Actividades culturais: 4 persoas sexan ou non conviventes excluído o monitor ou guía.

• Cines, teatros, auditorios, congresos: 30% da súa capacidade máxima permitida. Límite de 250 persoas en locais pechados e 500 persoas en locais ao aire libre. O público deberá permanecer sentado.

• Actividades turísticas, centros e puntos de información:

Grupos de ata 8 persoas sexan ou non conviventes

Centros de información, casetas e puntos de información: 50% da súa capacidade​

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

Non está permitido o consumo no interior.

• Nas terrazas ao aire libre:Limitación ao 50% das mesas permitidas.

• A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

• Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.

• Horario do peche ao público: 21:00 horas.

• Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 21:30 horas.

• Permítese a entrega a domicilio ata as 24:00 horas.

HOTEIS E ALOXAMENTOS TURISTICOS

• Zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.

• Albergues turísticos: 30% da súa capacidade

ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU PARQUES COMERCIAIS

Establecemento retallistas e de actividades de servizos profesionais: Límite do 50% da súa capacidade.

Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior ou superior.

ESTABLECEMENTOS QUE TEÑAN A CONDICIÓN DE CENTROS E PARQUES COMERCIAIS, OU QUE FORMEN PARTES DELES E GRANDES SUPERFICIES

• Establecemento retallista e de actividades de servizos profesionais: Límite do 50% de capacidade total.
• Peche ás 21:30 horas.

• A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30 %.

• No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do 50% de capacidade total en cada un deles.

• Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.

• Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.

MERCADOS AO AIRE LIBRE

• Mercados con menos de 50 postos autorizados: 100% dos postos habituais ou autorizados..

• Mercados con 50-100 postos autorizados: 75% dos postos habituais ou autorizados.

• Mercados con máis de 100 postos autorizados: 50% dos postos habituais ou autorizados.

CENTROS DE LECER INFANTIL 

• Non se poderá  desenvolver actividades no interior .

• Terrazas ou xardín exterior  capacidade maxima 30% .

• Grupos  dun máximo de seis nenos/nenas .

ACTIVIDADE DEPORTIVA

Non federada:

• Ao aire libre en grupos de ata seis  persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía coa utilización de máscara.

• En instalacións deportivas cubertas: de forma individual ou en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía coa utilización de máscara.​

• Instalacións deportivas cubertas: límite 30% da capacidade máxima permitida.​

• Vestiarios e zonas de ducha: límite 30% da capacidade máxima permitida.

Federada:

• Axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados

ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN

• A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50% do máximo permitido.

FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES E ATRACCIÓNS DE FEIRAS

• Peche das actividades.

CENTROS SOCIAIS, SOCIOCOMUNITARIOS, CLUBES DE XUBILADOS E CENTROS DE NATUREZA ANÁLOGA

Peche das actividades.

CENTROS DE INTERPRETACIÓN E VISITANTES, AULAS DA NATUREZA, CASETAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN DA REDE GALEGA DE ESPAZOS PROTEXIDOS

• Peche das actividades.

ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL PERMITIDA

• Escolas oficiais de idiomas.

• Escolas de arte e superior de deseño.

• Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

• Escola Superior de Arte Dramática.

• Conservatorios de música.

• Conservatorios de danza.

• Escolas de música.

• Escolas de danza.

• Centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol; centros autorizados de fútbol sala

• Centros autorizados de artes plásticas e deseño.

• Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade ao alumnado dos ditos centros docentes.

• Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.

ACTIVIDADES NON ESENCIAIS QUE PECHAN TEMPORALMENTE

I. Espectáculos públicos:

I.3. Espectáculos taurinos.

I.4. Espectáculos circenses.

I.5. Espectáculos deportivos

I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.

I.7. Espectáculos pirotécnicos.

II. Actividades recreativas:

II.3. Actividades de lecer e entretemento.

II.4. Atraccións recreativas.

II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

III. Establecementos abertos ao público:

III.1. Establecementos de espectáculos públicos:

III.1.4. Circos.

III.1.5. Prazas de touros.

III.2. Establecementos de actividades recreativas:

III.2.1. Establecementos de xogo.

III.2.1.1. Casinos.

III.2.1.2. Salas de bingo.

III.2.1.3. Salóns de xogo.

III.2.1.4. Tendas de apostas.

III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos:

III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.

III.2.3.2. Parques acuáticos.

III.2.3.3. Salóns recreativos.

III.2.3.4. Parques multilecer.

III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

III.2.7. Establecementos de ocio e entretemento.

III.2.7.1. Salas de festas.

III.2.7.2. Discotecas.

III.2.7.3. Pubs.

III.2.7.4. Cafés-espectáculo.

III.2.7.5. Furanchos.

• Serán de aplicación as medidas establecidas para Hostelería e Restauración.