Aqualia e Concello presentan nos colexios de Nigrán a nova edición do concurso dixital de debuxo infantil

A empresa Aqualia, concesionaria do servizo de saneamento e abastecemento no Concello Nigrán, presentou esta semana nos colexios do municipio a súa 19 edición do Concurso Dixital de Debuxo Infantil, dirixido a alumnado de 3º e 4º de Primaria.

O certame desenvólvese a través da web: http://www.aqualiayods6.com e está orientado a alumnos de 3º e 4º de Primaria. Un ano máis, ofrece materiais didácticos de gran utilidade para os profesores, entre os que destaca o vídeo educativo que explica que son os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, un conto e unha colección de carteis ilustrados que amplían todo este contido.

O obxectivo é educar en valores axudando a reflexionar sobre os principais problemas ambientais, tanto a nivel global como local, e contribuír a crear conciencia convidando a participar na conservación e protección do medio ambiente.

Este popular certame reflicte o compromiso de Aqualia e Concello cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, os ODS e a Axenda 2030 de Nacións Unidas, con especial atención ao ODS6: “Auga limpa e saneamento”.