ABANCA e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA) acaban de asinar un convenio de colaboración para que os negocios adheridos á asociación teñan á súa disposición unha serie de condicións especiais no acceso a produtos e servizos bancarios que lles permitan levar a cabo a súa actividade produtiva.
O presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona, Marcos Comesaña, e a directora de zona Vigo Sur de ABANCA, Ángela Rodríguez, foron os encargados de asinar esta mañá en Baiona un acordo que resalta o compromiso do banco co sector servizos na zona sur da provincia de Pontevedra.
No texto detállanse unha serie de servizos e produtos financeiros deseñados para dar resposta ás necesidades do comercio de proximidade, sempre coas mellores condicións. Deste modo, os asociados poderán gozar de produtos deseñados especificamente para poñer en marcha novos proxectos empresariais e para mellorar a competitividade dos xa establecidos, que nos últimos tempos puideron sufrir as consecuencias da crise xerada pola pandemia da COVID-19.
O banco ofrece unha serie de préstamos hipotecarios e leasing dirixidos aos investimentos, que contan con amplos prazos para a súa amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.
Os empresarios contarán cunha oferta de pólizas de crédito, anticipos, avais, confirming ou liñas de desconto comercial, que lles permitirá contar con condicións especiais para atender as necesidades do día a día dos seus negocios
ABANCA fortalece o seu compromiso cun sector clave para o tecido produtivo apoiando as necesidades actuais dos asociados, que debido á COVID-19 víronse notablemente acentuadas. Polo que o banco activa as liñas de financiamento oficiais do organismo público ICO.
No documento tamén se detalla unha oferta mellorada para a contratación de TPV físico e virtual. Este último volveuse de notable relevancia nos últimos tempos debido ao apoxeo das compras por internet e ás necesidades de distanciamento social xeradas pola pandemia.
Os empresarios que forman parte da asociación tamén poderán gozar das vantaxes que lles ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que lles permitirá deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos empregados de forma habitual.
A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Baiona está constituída por máis de 200 empresas que adican o seu esforzo ao desenvolvemento económico e social de Baiona.

