Preto de 15.000 persoas entre 50 e 55 anos recibiron este sábado a vacina da covid

Un total de 14.734 persoas recibiron este sábado a vacina da covid-19, na que foi a primeira xornada de vacinación masiva na nosa comunidade e que tivo lugar simultaneamente nas sete áreas sanitarias de Galicia. Arredor de 19.000 persoas, con idades entre os 50 e os 55 anos, foron convocadas por SMS para acudir ao longo do día a recibir a primeira dose da vacina.

Finalizada a xornada, estes son os datos:

 

ÁREA SANITARIA

 

EMPRAZAMENTO

PERSOAS

CONVOCADAS

HOXE

PERSOAS VACINADAS PERSOAS

NON VACINADAS*

%  VACINADOS
 

A Coruña e Cee

Ifeco 3.700 2.899 34 78,35%
H. Virxe da Xunqueira Cee 300 246 53 82%
 

Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

HULA 1.700 1.363 14 80,18 %
Hospital da Mariña 500 397 2 79,4%
H. Monforte de  Lemos 300 221 36 73,67%
Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Expourense 1.700 1.305 16 76,76%
Hospital de Verín 200 149 50 74,5%
Hospital de Valdeorras 250 197 54 78,80%
 

Pontevedra

Pazo da Cultura 1.700 1.276 419 75,06%
Fexdega, en Vilagarcía 500 400 100 80%
Vigo IFEVI 4.401 3.284 94 74,64%
 

Santiago de Compostela e Barbanza

Cidade da Cultura 2.000 1.648 22 82,46%
H. da Barbanza 400 322 6 80,5%
Ferrol FIMO 1.300 1.027 6 79%
TOTAL

GALICIA

         

* As persoas non vacinadas corresponden a contraindicacións maioritariamente