Natalia Lacunza súmase á nova edición de Vive Nigrán 2021

Natalia Lacunza é o segundo nome confirmado para a nova edición de Vive Nigrán 2021. O festival regresa ao recinto no que naceu en 2017 –o Campo de fútbol de Monte Lourido– e adaptarase a un formato “especial” con asentos e aforos limitados. Sidecars foi o primeiro nome confirmado para esta edición e as entradas aínda están dispoñibles. As entradas individuais para o venres 15 a un prezo inicial de 25€ + gastos e os abonos de 3 días a 55€ + gastos xa están dispoñibles a través da web do Festival e de Ataquilla.

Natalia Lacunza (Pamplona, 1999) é cantante, compositora, e interprete, pero nada é comparable co máis importante que ten, o seu futuro: Natalia conseguiu romper o estigma do éxito e o concepto que supón brillar nun programa como Operación Triunfo, para converter a súa música, as súas influencias e a súa forma de entender as cancións, na súa única carta de presentación.

Ao longo dos dous últimos anos, a súa música rodeouse de influencias que van desde o bedroompop ao RnB, ou ao Soul, pero sen esquecer unha marcada vocación pop: de presentarse en sociedade co éxito de “nana triste” – canción que presentou ao gran público de Guitarricadelafuente – a acabar o 2019 con “Ep 2”, unha colección de cancións máis minimalistas nas que colaboraba con artistas como Mori ou Bronquio. E é que se algo axudou a construír o seu estilo propio e personalidade, é a súa procura constante de talento: de Sen Senra a Marem Ladson, pasando polo fenómeno de Guitarricadelafuente. Quizá Natalia Lacunza ademais sexa a A&R máis importante da súa xeración. E todo iso cunhas composicións propias ao alcance de moi poucos.

E agora, en 2020, o ano maldito, preséntase ao fin en sociedade en directo para completar a xira das súas dous primeiros Eps e que supoñen o verdadeiro punto de saída dunha carreira sen teito.

Vive Nigrán é un festival integrado nos circuítos: Rías Baixas Fest (Turismo Rías Baixas) e Fest Galicia (AGADIC). Ademais, conta co patrocinio de Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas e o apoio institucional do Concello de Nigrán, Xacobeo 21, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia.

MEDIDAS COVID-19

O festival estará adaptado á situación actual e aplicaranse as recomendacións, instrucións e medidas protocolarias vixentes sobre materia sanitaria e nivel de aforo para a correcta realización das actividades.