O Concello de Nigrán, a través de Cespa-Ferrovial, dotou a semana pasada de máis contedores individuais aos establecementos do peirao de Panxón que así o solicitaron despois de rexistrar gran afluencia de clientes durante a fin de semana de apertura. O Concello de Nigrán, co consenso unánime dos hostaleiros da zona, optou o verán pasado por entregar contedores a cada local e retirar o lixo porta a porta cada noite para así evitar así a acumulación nos contedores de uso público, o que causaba problemas de insalubridade e fedores ao non respectarse os horarios.
Nigrán dota de máis contedores aos establecementos do peirao de Panxón

