Podemos Nigrán e Esquerda Unida agradecen que se leve a cabo a súa petición de destinar parte do remanente ao banco de alimentos

O pasado día 13 de febreiro as formacións locais de Nigrán Podemos e Esquerda Unida lanzaron unha proposta para que se destinara parte do remanente liberado ao banco de alimentos, despois de escoitar as queixas de usuarios/as deste servizo municipal, que explicaban que os lotes que se entregaban eran insuficientes.

Esperan que con este aumento económico cheguen aos/as usuarios/as os produtos básicos que permitan ter unha nutrición equilibrada, sobre todo naquelas familias na que hai menores. Doutra banda solicitan o Concello a mellora do departamento de Benestar Social cun aumento de persoal, como xa se aprobou no ano 2016.