Convocan unha concentración na Ramallosa contra a fenda de xénero nas pensións

Mañá ás 12:00 horas Modepen Miñor convoca unha concentración na Ramallosa, onde a capela, contra a fenda de xénero nas pensións. Esta concentración forma parte da xornada de mobilización do Movemento Estatal de Pensionistas, ante unha realidade ben coñecida: as pensións máis baixas son percibidas maioritariamente por mulleres, chegándose a cobrar un 35% menos que os homes, como recoñeceu a Seguridade Social.

“O noso movemento continúa a defender as pensións públicas dignas para todas as persoas e considera que esta situación de desigualdade debe rematar, polo que debe ser considerada en troques de ser ignorada, como sucede coas recomendacións do Pacto de Toledo no as que non se menciona este problema. O noso movemento continuará a traballar a prol dunhas pensións públicas dignas para todas as persoas”, sinalan desde Modepen.