Desde o PP de Nigrán queren manifestar o seu total apoio aos usuarios dos Servizos Sociais, “un colectivo tan vulnerable”, e lamentan que se teña que chegar a convocar unha manifestación para reivindicar uns Servizos Sociais de calidade. “Aínda que é certo, que o servizo de repartición de alimentos realízase mensualmente, como indica desde o Concello a Concellería de Benestar Social, recibimos numerosos testemuños indicando queixas no funcionamento do departamento de Servizos Sociais”.
Para os populares, sería imperdoable non dar voz a estas demandas e escoitar a todas as partes para poder resolver os problemas e esclarecer as dúbidas que poidan existir cun servizo que atende a persoas especialmente vulnerables. “Como sociedade o noso primeiro deber é axudar aos que máis o necesitan, que na súa maioría son familias con situacións moi complicadas”.
Desde o PP recoñecen á súa vez a entrega e traballo da concelleira de Benestar Social, “que nos consta que fai todo o que está na súa man para mellorar a situación de moitas destas persoas, pero solicitaremos unha Comisión de Investigación para esclarecer esta situación onde se dea voz a todas as partes e salga dela unha proposta que sirva para reconducir a situación e dar resposta a todas as demandas que sexa posible”.
“Tamén estaremos atentos ante calquera acción que se poida tomar como represalia por esta convocatoria, porque somos conscientes de que a situación de vulnerabilidade destas persoas, impídelles, por medo a perder o pouco que se lles ofrece, reivindicar os seus dereitos. Esperamos que o Sr. Alcalde do PSOE ocúpese do problema desde xa, que permita a Comisión de Investigación e que defenda os dereitos deste colectivo tan vulnerable, no canto de acusar a outros e poñerse á defensiva”, critican desde o grupo municipal popular.
Podemos Nigrán e Esquerda Unida acudirán á convocatoria
As formacións de Podemos e Esquerda Unida de Nigrán, entendendo o descontento de parte dos usuarios e usuarias de Servizos Sociais, acudirá para prestar o seu apoio este venres ás 12:00 na Alameda do Consistorio local. Os grupos municipais comprenden a situación crítica de moitas das familias obxectivo das axudas e demanda ao goberno máis implicación para que ditas circunstancias non se volvan a repetir nun futuro.

