Nigrán confirma que o reparto de alimentos estase a realizar mensualmente con normalidade

O Concello de Nigrán desexa confirmar que o reparto de alimentos a persoas dependentes dos Servizos Sociais estanse a realizar mensualmente con absoluta normalidade. Durante o mes de decembro realizouse a achega mensual ordinaria e unha extraordinaria antes de Noiteboa, ademais de repartir doazóns de Cespa e Frutas Nieves tamén nestas datas. En xaneiro realizouse a entrega mensual entre a última semana e a primeira de febreiro (esta incluíu produtos non perecedoiros, carne fresca e mesmo produtos de hixiene) e este mes realizarase a achega entre finais desta semana e a vindeira (cómpre subliñar que febreiro ten 28 días). En todos os casos se entregaron ás preto de 60 familias que teñen dereito a elas e nunca transcorreron máis de 30 días entre unha e outra achega. “É unha mágoa que certos partidos sen xa representación plenaria manteñan a mentira e a polémica como táctica, cando xa se veu os resultados electorais que acadaron precisamente por esa actitude”, lamenta o alcalde.