Baiona abre o período de exposición pública da Ordenanza Reguladora do Patrimonio Municipal en Supostos de Emerxencia Social

O Concello de Baiona informa de que está aberto o período de exposición pública da Ordenanza Reguladora do Patrimonio Municipal en Supostos de Emerxencia Social ata o próximo 7 de marzo. Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren, poden facer chegar as súas propostas á redacción definitiva do texto a través de instancia xeral da sede electrónica municipal ou ante os Rexistros que se recollen no artigo 16 da Lei 39/2015.