Baiona quere trazar camiño para ser referente na posta en marcha da Axenda Urbana 2030

FOTO: TURISMO DE GALICIA // Vista aérea de Baiona.

O Concello de Baiona traballa na posta en marcha da Axenda Urbana Baiona 2030 coa misión de aliñar as políticas municipais coa Axenda Urbana Española e as políticas da Unión Europea. O Alcalde, Carlos Gómez Prado, ten como obxectivo “situar á localidade nun lugar preferente á hora de optar a fondos europeos que, dadas as prioridades continentais e mundiais, primará os comportamentos das institucións e entidades comprometidas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, a Axenda 2030 e a propia Axenda Urbana Española”.

Esta iniciativa pretende ir un paso máis aló e ademais de axudar á captación de fondos europeos, non só do marco de recuperación e resilencia, “España puede”, senón tamén do próximo período 2021-2027. “Isto é un compromiso, pero tamén é unha oportunidade para resolver problemas como sociedade, sumarnos á loita global e simultaneamente aproveitar as axudas e fondos que chegarán desde a Unión Europea”, recalcou.

A posta en marcha deste proxecto pretende establecer as bases para o obxectivo prioritario de transformar o municipio e convertelo nun referente na aposta pola Axenda Urbana 2030. “Necesitamos comezar establecendo unha estratexia, que será a longo prazo. Estableceremos a folla de ruta cara o 2030, un verdadeiro plan estratéxico. Tamén é clave traballar a imaxe e posicionar á localidade de Baiona en distintas áreas estratéxicas e facelo en positivo destacando o aproveitamento dos nosos recursos”, avanzou.

Doutra banda, o rexedor considera esencial aproveitar as oportunidades que se derivarán destas actuacións e da transformación económica que se aveciña. “A Axenda Urbana Baiona 2030 será unha nova acción de goberno, nun novo marco e cunha forma de actuación e agora asómase un cambio disruptivo que establecerá oportunidades para aqueles territorios que saiban entendelo e posicionarse. Témonos que subir a este tren e imos tentar que ademais traia desenvolvemento ao noso municipio”, resumiu.

Trátase dunha novo paradigma, cuns obxectivos e unha acción transversal, nunha nova gobernanza da administración con novos campos de traballo. Será unha folla de ruta participado, que incorporará á cidadanía, aos axentes económicos e sociais de Baiona e ás entidades públicas que tamén están implicadas no desenvolvemento do municipio.