Nieves Cabo Vidal, primeira galega en recibir a vacina da Covid

A Xunta de Galicia puxo en marcha hoxe a campaña de vacinación contra a Covid-19 na Comunidade. Unhas 150 persoas entre usuarios e traballadores recibiron no día de hoxe a primeira dose da inxección. Nieves Cabo Vidal, de 82 anos e usuaria da residencia de maiores Porta do Camiño de Santiago de Compostela, seguida polo oficial de cociña do mesmo centro, José Antonio Fuentes Arcay, foron as primeiras persoas vacinadas de Galicia fronte á Covid-19.

Nieves Cabo Vidal, primeira galega en recibir a vacina da Covid

🎥 VIDEO: Nieves Cabo Vidal, primeira galega en recibir a vacina da Covid.

Publicado por Valmiñor TV en Domingo, 27 de diciembre de 2020