Sin categoría

Povisa doa 5.700 quilos de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de Vigo e a Asociación AFAN

Povisa doou ao Banco de Alimentos e a Asociación AFAN o investimento que Ribera tiña previsto destinar aos eventos do Nadal, dirixidos aos profesionais sanitarios dos centros sanitarios do grupo, e que este ano non se puideron celebrar pola pandemia de COVID. En total, son 5.700 quilos de produtos de primeira necesidade que esta semana se entregaron a estas entidades, elixidas polos profesionais do hospital.

O xerente do hospital, José David Zafrilla, e o director asistencial, Rafael Cabadas, entregaron a doazón equivalente a 4.500 quilos de produtos de primeira necesidade ao presidente do Banco de Alimentos de Vigo, Pedro Pereira. No que respecta á doazón á Asociación Freijeiro de Ayuda al Necesitado, AFAN, de 1.200 quilos de alimentos, foi recollida polo Dr. Alfredo Manuel Estévez, do servizo de Cirurxía Xeral e colaborador desta entidade.

Esta acción, coordinada desde o Departamento de Comunicación e Responsabilidade Social Corporativa de Ribera, enmárcase no contexto da campaña “Este Nadal, máis responsables que nunca”, que o grupo trasladou a todos os seus centros a través de diferentes actividades. Entre outras, destaca o programa de voluntariado corporativo “A maxia do coidado”, grazas ao cal os profesionais dos centros sanitarios do grupo están a organizar actividades musicais, espectáculos de maxia, talleres de pintura e contacontos, entre outros, para compensar a ausencia das clásicas visitas do Nadal de Papá Noel, os Reis Magos, futbolistas, animadores e pallasos, que cada ano animaban aos pacientes ingresados nestas datas. Ademais, os profesionais do grupo escribiron e gardaron os seus desexos do Nadal e para 2021 en centos de bólas que adornan xa as árbores de Nadal dos hospitais de Ribera.