O BNG organiza un encontro feminista en Gondomar

Mañá, sábado 16 de febreiro, o BNG de Gondomar organiza un encontro feminista para falar das reivindicacións e obxectivos que obrigan á participación nas mobilizacións do vindeiro 8 de Marzo. Ese día, as mulleres de todo o mundo, tamén as galegas, están outra vez chamadas a unha folga internacional para amosar que están fartas de aturar a desigualdade en todos os ámbitos da súa vida.

Neste encontro participarán Ana Bringas, de Acción Feminista do BNG, e Mercedes Domínguez, sindicalista da CIG, que farán as intervencións iniciais que darán paso ao debate posterior. O acto terá lugar no café Keik, na rúa das Ánimas 8, a partir das 20:00 horas.