Cantos de Nadal no Camiño Portugués é unha serie de concertos especiais en espazos de interese patrimonial e relixioso de cinco localidades galegas ao longo da ruta xacobea a finais de decembro de 2020 dos artistas Catarina Moura, César Prata e Ariel Ninas con repertorio galego-portugués do ciclo de Advento á Epifanía. Este proxecto está organizado por aCentral Folque e promovido pola Xunta de Galicia por medio do seu programa de #OteuXacobeo para o Xacobeo 2021.
Esta serie de concertos serán a presentación do proxecto “do natal aos reis” en Galicia que xa foi presentado en Portugal (Lisboa, Guimarães, Peso da Régua, Aveiro, Nazaré, Castelo Branco, Trancoso, Guarda, Monchique e Tavira) e unha gravación especial feita para a RTP (Rádio Televisão Portuguesa) que foi emitida para todo ese país a noite de Consoada (24 de decembro) do 2017.
Os concertos serán de balde con reserva previa desde a web folque.com e as capacidades dos espazos reducida. A partir do día 21 de decembro ás 10 horas abrirá o prazo de inscrición na páxina www.folque.com.
| DATA | LUGAR | HORA |
| 26/12/20 | Igrexa de Santa Liberata. BAIONA | 17.30 h. |
| 27/12/20 | Mosteiro de Santa Maria. OIA | 17.30 h. |
| 28/12/20 | Igrexa de Santa Maria de Godos. CALDAS DE REIS | 18 h. |
| 29/12/20 | Igrexa de Santiago. PADRÓN | 18 h. |
| 30/12/20 | Igrexa de San Xoán de Ortoño. AMES | 19 h. |

