Baiona acollerá un dos concertos de “Cantos de Nadal no Camiño Portugués”

Cantos de Nadal no Camiño Portugués é unha serie de concertos especiais en espazos de interese patrimonial e relixioso de cinco localidades galegas ao longo da ruta xacobea a finais de decembro de 2020 dos artistas Catarina Moura, César Prata e Ariel Ninas con repertorio galego-portugués do ciclo de Advento á Epifanía. Este proxecto está organizado por aCentral Folque e promovido pola Xunta de Galicia por medio do seu programa de #OteuXacobeo para o Xacobeo 2021.

Esta serie de concertos serán a presentación do proxecto “do natal aos reis” en Galicia que xa foi presentado en Portugal (Lisboa, Guimarães, Peso da Régua, Aveiro, Nazaré, Castelo Branco, Trancoso, Guarda, Monchique e Tavira) e unha gravación especial feita para a RTP (Rádio Televisão Portuguesa) que foi emitida para todo ese país a noite de Consoada (24 de decembro) do 2017.

Os concertos serán de balde con reserva previa desde a web folque.com e as capacidades dos espazos reducida. A partir do día 21 de decembro ás 10 horas abrirá o prazo de inscrición na páxina www.folque.com.

DATA LUGAR HORA
26/12/20 Igrexa de Santa Liberata. BAIONA 17.30 h.
27/12/20 Mosteiro de Santa Maria. OIA 17.30 h.
28/12/20 Igrexa de Santa Maria de Godos. CALDAS DE REIS 18 h.
29/12/20 Igrexa de Santiago. PADRÓN 18 h.
30/12/20 Igrexa de San Xoán de Ortoño. AMES 19 h.