A Asociación Chandebrito 1807 solicita a convocatoria do Consello Sectorial do PXOM

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Consello Sectorial do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM).

No ano 2008 o Concello de Nigrán creou o Consello Sectorial do Plan Xeral de Ordenación Municipal, órgano que segue a estar vixente, pero que desde hai uns dez anos só se convocou en contadas ocasións para ser informado de forma xeral polo goberno municipal, pero non para non para a participación efectiva, asesoramento, consulta, proposta, información e debate nas cuestións relacionadas con PXOM.

Tendo en conta o establecido no Regulamento orgánico aprobado o 28.05.2008 coa finalidade de regular este órgano para canalizar a participación da veciñanza na tramitación do referido documento urbanístico, a Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 vén de solicitar ao Concello de Nigrán por escrito que se convoque o Consello Sectorial do PXOM para a participación efectiva, asesoramento, consulta, proposta, información e debate nas cuestións importantes relacionadas co Plan Xeral.