Sin categoría

O alcalde de Gondomar recibe a Águeda Ubeira tras gañar o premio nova empresaria

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, xunto a concelleira de Comercio, Rocío Goberna, recibiron hoxe na alcaldía do Concello a Águeda Ubeira, responsable de Chupipostres, e gañadora da XV edición do Premio Aje Vigo Joven Empresaria do ano.

O rexedor felicitou persoalmente a Águeda á que entregou un pequeno agasallo en nome do goberno local como recoñecemento á súa labor e polo premio outorgado pola Asociación Jóvenes Empresarios “que todos estabamos seguros que ías gañar ti e traer para Gondomar”, sinalou Paco Ferreira.

O xurado recoñeceu a calidade, permanencia sostible no mercado e procesos de expansión e creación de postos de traballo por parte de Águeda Ubeira ao fronte de Chupipostres.

Esta empresaria de Gondomar apostou hai máis de seis años dende o seu negocio pola venta online, ofrecendo dous servizos: repostería personalizada e almorzos temáticos artesanais que envía a domicilio, a toda a península, dende o su obradoiro.

A gañadora da XV edición de Joven Empresaria recibiu un programa de formación na Escuela de Negocios Afundación de IESIDE por valor de máis de 8.000 euros e unha estancia gratuíta na oficina o nave nun polígono de Zona Franca durante un año.