Chega decembro e a Concellería de Cultura de Baiona retoma a programación que tivo que ser suspendida. En breve darase a coñecer toda a programación do BaiNadal, pero para ir abrindo boca recupérase a V Ruta Musical “Sons do Casco”, pero cunha novidade, todos os concertos serán na Praza do Concello, comezando o 4 de decembro ás 19:00 horas con “La Patrulla”.
Os concertos continuarán os días 5, 6, 7, 8, 11, 12 e 13 de decembro e traerán consigo uns días repletos de música en directo nos que participarán os 16 grupos que non puideron actuar en outubro, con diferentes estilos como o jazz, blues, funk, flamenco, rock, pop, etc, co obxectivo fundamental de dinamizar e desestacionalizar a oferta cultural e de lecer baionesa.
Os concertos celebraranse nesta edición nun único escenario, o instalado na Praza do Concello, debido ás medidas de seguridade que hai que seguir pola crise sanitaria do COVID-19. O obxectivo é proporcionar actividades de lecer aos veciños e veciñas nunha contorna segura e, para iso, o acceso e o aforo á carpa estará controlado e tomaranse todas as medidas de seguridade pertinentes.
“Con iniciativas como estas queremos participar na reactivación económica do municipio. Queremos que non se perda o emprego, que non se perdan negocios. Queremos axudar á hostalería e aos comerciantes baioneses”, destaca o Alcalde, Carlos Gómez Prado.
Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Miriam Costas, fai unha chamamento á responsabilidade nos eventos lembrando que o aforo será dun máximo de 75 persoas, cumprindo a normativa marcada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Tamén aproveita a ocasión para “mandar unha mensaxe de tranquilidade aos veciños e aos que se acheguen a gozar dos concertos, xa que se van a poñer todas as medidas de seguridade e preventivas necesarias. O obxectivo é combinar o lecer coa redución ao máximo do risco de contaxio e transmisión da pandemia. Baiona é segura pero sempre apelamos á responsabilidade individual”, comenta a concelleira.
VENRES 4/12/2020
19:00-20:00 H LA PATRULLA
SÁBADO 5/12/2020
12:30-13:30 H DESCONCERTO
17:00-18:00 H THE HURT FINGERS TRÍO
19:00-20:00 H THE MIRROR
DOMINGO 6/12/2020
12:30-13:30 H LOS DEL BARRO
18:00-19:00 H GROOVIN FOLKS
LUNS 7/12/2020
19:00-20:00 H THE MANUELES
MARTES 8/12/2020
12:30-13:30 H BEATHOS
17:00-18:00 H VALENTÍN DACOBA
19:00-20:00 H BROKE ACUSTIC COVERS
VENRES 11/12/2020
19:00-20:00 H SWING DU MONDE
SÁBADO 12/12/2020
12:30-13:30 H JAVI PACHECO
17:00-18:00 H ADRIAMS TIMMS
19:00-20:00 H PACHECO BROS
DOMINGO 13/12/2020
12:30-13:30 H ORQUESTRA PANTASMA
18:00-19:00 H THE GOONIES

