Sin categoría

Demsu doa 165 pantallas protectoras homologadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro

O Hospital Álvaro Cunqueiro recibiu 165 pantallas protectoras para combater a epidemia da Covid-19, doadas pola empresa galega DEMSU. SA. Javier Puente, xerente da área sanitaria de Vigo, quixo estar presente cos representantes de DEMSU, Carlos Alves e Javier Berbel, que entregaron as pantallas protectoras e explicaron as características das mesmas, destacando que non se embazan, non apertan, non pesan e están homologadas coa normativa EPI EN166:2011.

Deseño e Modelado de Superficies S.A. (DEMSU SA) dedícase ao deseño de moldes para inxección, principalmente para o sector da automoción, que este ano 2020 cumpre 25 anos de experiencia. Como consecuencia da pandemia, a Responsabilidade Social Empresarial da empresa decidiu dedicar recursos en I+D+i para obter este produto, cuxa relación calidade/prezo superou as expectativas (9,5€+IVE).

A dirección do Hospital Álvaro Cunqueiro manifestou o seu agradecemento comprobando a robustez e lixeireza das pantallas, o visor ten 1,5mm e cobre tamén os oídos, así como o acerto nas cores alegres que deben ser usados cos pacientes e permiten identificar diferentes áreas. Inmediatamente asignaron as 165 pantallas ás unidades de otorrinolaringoloxía, anestesia e críticos.

Javier Puente agradeceu aos representantes de DEMSU o produto e interesouse polo custo para poder dotar a máis persoal do centro.