A área de Vigo rexistra un total de 2.293 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.638 deles 1.766 son da área da Coruña, 1.102 da de Lugo, 608 da de Ourense, 1.218 da de Pontevedra, 2.293 da área de Vigo, 962 da de Santiago, e 689 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 97 están en UCI, 434 en unidades de hospitalización e 8.107 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 40.557 persoas curadas, rexistrándose 1.170 falecementos. O número de PCR realizadas é de 865.340.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

  TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS 8.638            (434 usuarios)
           (206 profesionais)
FALECEMENTOS 1.170            ( 210 en residencias)
           (291 en hospitais e residencias integradas)

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

 

CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS

 

 

TOTAL GALICIA

 NÚMERO DE POSITIVOS 1.158
 AULAS PECHADAS 37
 CENTROS PECHADOS 1

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Información por concello

Novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.