O CPI Cova Terreña estrea ximnasio renovado

O CPI Cova Terreña de Baiona xa conta cun ximnasio totalmente reformado. Durante os asolagamentos que sufriu o centro fai un ano estragouse a tarima, a couza tiña esnaquizado moito do equipamento e o cheiro a humidade persistía no espazo.

Procedeuse a sanear o piso, substituír a tarima por unha de alta resistencia en sala e vestiarios, saneamento e pintado de paredes e á retirada do equipamento deteriorado, ademais de contar con iluminación led e novas ventás colocadas durante as tarefas de rehabilitación do centro.

Agora contan cun espazo amplo e saneado grazas á colaboración do centro e do Concello de Baiona, que ademais do alumnado do centro, tamén empregan os usuarios das escolas deportivas.