A Asociación Galiclown Pallasos de Hospital anima o Covid-Auto Escola do Cunqueiro

A Asociación Galiclown Pallasos de Hospital visitou hoxe o Covid-Auto Escola do Álvaro Cunqueiro para entreter aos nenos e nenas e facerlles máis fácil a realización da proba PCR. Ademais, realizaron un pasarrúas polo exterior do hospital para animar aos pacientes hospitalizados, e agradecer con sorrisos ao persoal o seu labor durante esta pandemia.