Os restos de poda e de residuos voluminosos acumúlanse nas parroquias de Baiona

O Partido Popular de Baiona denuncia que a acumulación de restos de poda, maleza e de mobiliario nas marxes da vía pública, xunto aos contedores de lixo, é unha constante desde hai meses nas rúas de Baiona a pesar de que a nova concesión do servizo custa aos veciños un 40 por cento máis que hai un ano.

“O Concello, co diñeiro dos impostos de todos os veciños, pasou de pagar 125.000 euros anuais co contrato anterior a ter que abonar 170.000 euros por ano. Ou, o que é o mesmo, aos veciños lle Baiona cústalles agora 3.972 euros máis ao mes e, aínda así, o servizo segue sendo defectuoso e tardío. Non hai máis que pasear polas parroquias para comprobar que o traballo non se está facendo correctamente e que a empresa tarda días en retirar os restos que os veciños depositan naqueles puntos establecidos polo Concello”, critican os populares.

É esta situación de “total abandono” que presentan as rúas do rural a que crea malestar entre os veciños que continúan coas súas protestas por este asunto ao comprobar que a nova licitación non mellorou o servizo de recollida de residuos (voluminosos, envases, papel e cartón, podas…). “Entendemos que nunha situación como a actual hai que extremar a limpeza e é evidente que non se está facendo pero, ademais, o Concello ten o deber de supervisar que se cumpra estritamente un contrato moi superior ao anterior, labor que tampouco se está levando a cabo”, reprochan desde o grupo municipal popular.

É por este motivo que desde o PP de Baiona instan o alcalde, Carlos Gómez, e aos seus socios de goberno, a preocuparse e ocuparse para que o diñeiro de todos os veciños gástese adecuadamente de forma que os servizos públicos sexan eficientes e realícense correctamente en beneficio de todos os baioneses que cumpren escrupulosamente co pago dos seus impostos.