Solicitan colaboración cidadá para identificar ao presunto autor de varios delitos na provincia de Pontevedra

A Garda Civil de Pontevedra solicita a colaboración cidadá para identificar e localizar a unha persoa que estaría relacionada coa comisión de varios delitos cometidos ao longo do 2019 na zona sur da provincia de Pontevedra.

A Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra mantén unha investigación aberta, dirixida polo Xulgado de Instrución nº 1 de Porriño, e solicita que quen poida achegar indicios sobre a identidade da persoa cuxa fotografía se adxunta, póñase en contacto coa Garda Civil de Pontevedra a través do teléfono móbil 600 461 444, ou por medio do correo electrónico po-cmd-pontevedra-uopj@guardiacivil.org.

Trátase dun home, moreno, cunha idade aproximada entre 30 e 35 anos, unha altura aproximada de 180 cm, e con acento do Leste de Europa.