Ouro e bronce para David González e prata para Omar Rodríguez no Torneo Internacional Jóvenes Promesas

En total 4 medallas de ouro, 4 de prata e 1 de bronce, é o resultado dos deportistas galegos que competiron esta fin de semana no Torneo Internacional Jóvenes Promesas celebrado no Pavillón de Deportes Duques de Palma en Pilar da Horadada (Valencia). O baionés David González, do Club de Loita Sabarís, fíxose coa medalla de ouro en Júnior e coa de bronce en U23, en ambos os dous casos en 61 kg. O seu compañeiro de club, o tamén baionés Omar Rodríguez, conseguiu a medalla de prata na categoría U23, en 79 kg.

Destacar o traballo dos árbitros Daniel Fernández e Jorge Garrido, convocados pola Federación Española para dirixir a competición, así como a dos técnicos Rubén Méndez e de Marcos Miragaya (seleccionador nacional cadete). Tras esta competición, permanecerán concentrados no CAR Infanta Cristina de San Javier (Murcia), os días 9 e 10 de Novembro. Esta concentración, servirá para continuar coa formación dos deportistas, tras os meses de confinamento.

Os deportistas convocados para a concentración son Nerea Pampín (Keltoi), Nerea Iglesias (Ayude), Santiago Sánchez (Keltoi), Omar Rodríguez (Sabarís) e Saúl Bello (San Ignacio). Como seleccionador nacional U23, dirixirá a concentración Pablo Pintos. Tras esta actividade, o seguinte gran obxectivo a finais de novembro será o Campionato de España Sénior, que terá lugar en Murcia.