Os baioneses David González e Omar Rodríguez acoden ao Torneo Internacional Jóvenes Promesas

12 galegos acudirán do 6 ao 8 de novembro ao Torneo Internacional Jóvenes Promesas de Loitas Olímpicas, que terá lugar en Pilar de la Horadada (Alacante, Valencia), onde se reunirán os mellores deportistas nacionais das categorías cadete, júnior e U23.

Os deportistas convocados pola Federación Española son: Saúl Bello e Manuel González, ambos do Club San Ignacio de Vigo, David González e Omar Rodríguez do Club Sabarís de Baiona, Santiago Sánches e Nerea Pampín ambos do Club Keltoi de Vila de Cruces, e Nerea Iglesias da Escola Ayude de Santiso.

Como técnicos acudirán Rubén Méndez, e os técnicos nacionais Marcos Miragaya (seleccionador cadete) e Pablo Pintos (seleccionador U23).

O Colexio Galego de Árbitros, estará representado por Daniel Fernández e Jorge Garrido, ambos do Club Kuzushi de Vigo.

Unha vez rematada a competición, os deportistas: Santiago Sánchez, Nerea Pampín, Nerea Iglesias, Omar Rodríguez, Marcos Miragaya e Pablo Pintos, permanecerán concentrados ata o mércores 11 de novembro.

Desde a Federación Galega agardan que sexa unha boa oportunidade para amosar o funcionamento dos protocolos, xa que todos os deportistas teñen que acudir a convocatoria cunha proba negativa de COVID-19. Unha vez cheguen a Pilar de la Horadada, todos teñen que volver a pasar outro test de antíxenos, para poder acceder ao hotel e á competición.

A Federación Española e a Federación Murciana de Lucha, están blindando esta actividade, para tratar de garantir a máxima seguridade para todos os participantes.