
Rescatado en helicóptero un varón tras caer nunha zona de difícil acceso en Panxón, Nigrán. O home, duns 70 anos de idade, foi rescatado a bordo do helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia tras caer nas rochas, nunha zona de difícil acceso en Panxón, no termo municipal pontevedrés de Nigrán, mentres recollía percebes. Segundo a información facilitada aos xestores do 112 Galicia polos equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos, o varón foi evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro.
Todo ocorreu preto das 13:00 horas deste mediodía, cando o 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través da chamada de alerta dun familiar. De acordo co seu relato, a irregularidade do terreo dificultaba o acceso ao home ferido. De inmediato, desde o 112 activouse un operativo que, ademais dos membros de Gardacostas de Galicia, tamén contou coa participación dos profesionais sanitarios, dos membros de Salvamento Marítimo, do GES de Val Miñor e dos axentes da Garda Civil e da Policía Local.
Ademais, pasouse aviso aos efectivos de Protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa colaboración.
Imaxes do rescate dun varón duns 70 anos de idade realizado a primeira hora da tarde polo 🚁 Pesca 1 nunha zona rochosa da ribeira en #Monteferro, #Panxón, #Nigrán. O ferido foi trasladado a Hospital Álvaro Cunqueiro de #Vigo. Operativo coordinado por @salvamentogob pic.twitter.com/wqOaqY2hXr
— Gardacostas Galicia (@GardacostasGal) October 18, 2020