
O Concello de Gondomar celebra o Día Europeo da Reanimación Cardiopulmonar (RCP) sumando un novo desfibrilador semiautomático -subvencionado pola Deputación Provincial- no Auditorio Municipal Lois Tobío, dotando así as instalacións deportivas e culturais da localidade con este sistema de atención de paradas cardio-respiratorias repentinas.
Todas elas son empregadas por un número considerable de persoas de diferentes rangos de idade, e por iso apóstase por dotalas deste material indispensable que permita prever calquera continxencia que poida acontecer.
Está demostrado que o uso dos desfibriladores nun período máximo de dez minutos posteriormente ao inicio da parada, as posibilidades de supervivencia poden aumentar ata un 70%.