O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, ofrece este sábado 23 de decembro desde as 19:00 horas no Auditorio Municipal un baile especial de Nadal coa música en directo do Trío Xtra. O baile acompañarase dunha chocolatada para os asistentes. A entrada é de balde ata completarse o aforo, admitíndose doazóns de alimentos non perecedoiros para o Banco Municipal de Alimentos.
Nigrán ofrece un baile especial de Nadal con chocolatada

