Xornada de eliminación de eucaliptos en Couso

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso, Gondomar, organiza este sábado 17 de outubro unha xornada de eliminación de eucaliptos. O punto de encontro será ás 10:00 horas da mañá no Miradoiro do Viso (Alto de San Antoniño). As persoas participantes na actividade poderán incorporarse ao programa de moeda social Sabia, da que haberá unha charla o sábado 24 de outubro na Casa Veciñal de Couso.