Marcos Lago releva a Félix Díaz á fronte do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán

 

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, despediuse do Tenente Comandante do Posto Principal de Baiona-Nigrán, Félix Díaz, e deu a benvida a Marcos Lago, que pasará a ocupar o seu cargo.

Nun acto na Alcaldía, no que o alcalde estivo acompañado do tenente de alcalde e concelleiro de Seguridade Cidadá, Óscar Martínez, expresóuselle o afecto do Concello, desexándolle todo o mellor nos vindieros anos. O mesmo acto serviu para dar a benvida a Marcos Lago, que pasará a ser o novo responsable da Garda Civil do Posto Principal de Baiona-Nigrán, poñendo á súa disposición toda a colaboración municipal naqueles aspectos que necesiten de colaboración conxunta.

Ante a partida de Féliz Díaz o Alcalde expresou o seu máis profundo agradecemento así como o da Concellería de Seguridade Cidadá, o da Xefatura da Policía Local, o do Concello de Baiona e a cidadanía por estes 5 anos de servizo na Vila, nos que sempre existiu un traballo coordinado coa Policía Local e co responsable de seguridade.

O rexedor agradeceu ao tenente “a súa gran vocación de servizo á fronte do Posto” e recoñeceulle o seu papel crave pola seguridade no municipio. “Desde Baiona desexámoslle o mellor na súa nova responsabilidade”.

O alcalde de Baiona desexou toda a “mellor das sortes” ao novo Tenente Comandante do Posto Principal da Garda Civil en Baiona, Marcos Lago, á vez que mostrou “todo o apoio e colaboración por parte do Concello de Baiona á Garda Civil para desempeñar o seu labor no noso municipio coa maior seguridade e eficacia posibles”.