A Área Sanitaria de Vigo lembra a importancia de vacinarse este ano fronte a gripe

Un total de 50.245 persoas da área sanitaria de Vigo xa teñen solicitada a súa cita para acudir a vacinarse da gripe nos vindeiros días. A campaña de vacinación antigripal da Consellería de Sanidade que iniciouse hoxe durará ata o 31 de decembro, polo que Sanidade lembra á cidadanía que hai tempo suficiente para facela progresivamente.

Segundo explicou a directora de Atención primaria da Área Sanitaria de Vigo, Elena Lorenzo “este ano é vital que a poboación se vacine, xa que, no contexto da pandemia pola Covid, poden coincidir ambas infeccións, de aí o transcendental da vacinación antigripal das persoas en risco e a redución da carga desta enfermidade. A vacina non so evita os casos senón que diminúe a frecuencia de complicacións derivadas desta enfermidade así como o risco de hospitalización e morte relacionada coa gripe. Hai que lembrar que o pasado ano na área viguesa rexistráronse23 decesos como consecuencia dun proceso gripal.”

En total, 316 pacientes necesitaron ingreso hospitalario, e unha trintena requiriron de hospitalización na Unidade de Coidados Intensivos por mor da gripe.

Por último, o Sergas lembra a importancia, este ano máis que nunca, de concertar cita para a vacinación nos centros de saúde e non acudir directamente sen ter cita.

Incidiu Elena Lorenzo en que a campaña conta con 127 puntos de vacinación, entre centros de primaria e hospitalaria do Sergas, centros médicos e consultas privadas, residencias da 3º idade públicas ou privadas, centros unidades de atención aos drogodependentes, centros de menores e discapacitados, etc.

Estableceranse axendas de citación en sala para esta actividade, e realizarase unha vacinación “oportunista” aos pacientes crónicos que acoden ás consultas de enfermaría por outros motivos. Así mesmo, vacinaranse tamén aos enfermos crónicos nas visitas a domicilio.

“A mellora arma contra a gripe e é a prevención, e a ferramenta máis eficaz na loita contra a enfermidade, é a vacinación; por isto é necesario aumentar os índices de participación na campaña de vacinación na área viguesa, xa que aínda que vaise rexistrando un incremento paulatino de cobertura na poboación diana, pasando do 50% hai cinco anos ao 56,28 % acadado na última campaña, segue sendo unha porcentaxe que hai que seguir incrementando”.

Chamadas telefónicas

Algunhas das medidas que se van levar a cabo para promover a vacinación serán, a partir da terceira semana de campaña, o desenvolvemento do programa de promoción da vacinación antigripal mediante SMS aos maiores de 65 anos e a chamada activa.

Así, os profesionais de Enfermería de Atención Primaria proporcionarán información da vacina a todos aqueles pacientes entre 65 e 74 anos dos seus respectivos cupos que aínda non teñan recibido a súa dose, mediante un consello telefónico para explicarlles as necesidades e as vantaxes da mesma.

Especial chamamento á vacinación dos profesionais sanitarios

Na pasada campaña, a área viguesa administrou un total de 106.190 vacinas en todos os grupos poboacionais. Desa cifra, 66.888 corresponden a maiores de 65 anos, nos que se acadou unha cobertura do 56,28% da poboación diana. Isto representa un incremento de 1.65 puntos porcentuais con respecto aos datos de 2018.

Cabe subliñar o incremento porcentual de 2,2 puntos da cobertura nos profesionais sanitarios, acadando un 49,54 % entre todo o persoal. Concretamente, nos centros de Atención Primaria a cobertura de vacinación antigripal foi dun 53,38 %, mentres que en Atención Hospitalaria acadou un 47,7%.

Ademais se vacinaron 1654 xestantes, un 5 por cento máis que o ano anterior.