Nigrán ofrece dez cursos gratuítos online dirixidos a desempregados do municipio

O Concello de Nigrán ofrece gratuitamente un programa de formación online con 10 cursos diferentes e dirixido preferentemente a desempregados do municipio co obxectivo de facilitar a súa inserción laboral. O prazo de inscrición para os mesmos arranca o 13 de outubro (Rexistro ou Sede Electrónica) e rematará 5 días antes do inicio de cada un (comezan o 2 ou 3 de novembro e se estenden un mes, cunha duración de 30 a 50 horas). O máximo de solicitudes é de 5 por orde de preferencia e se poderán simultanear ata 3 cursos.

En concreto, o Concello ofrece os cursos de Atención e Fidelización de clientes; aplicacións informáticas de recursos humanos; composicións florais: técnicas de elaboración, elementos utilizados e características; xestión de inventarios; escaparatismo de pequeno comercio; xestión de protocolo; limpeza e posta a punto de pisos e zonas comúns en aloxamentos; publicación de páxinas web; manipulación de produtos químicos e de limpeza e apoio ás xestións cotiás das persoas dependentes.

Terán preferencia persoas desempregadas de Nigrán seguido de traballadores de Nigrán e, de quedar prazas vacantes, poderían cursalos tamén os non empadroados (o máximo por acción formativa é de 15 alumnos). As bases coa información polo miúdo deste “Plan de Formación para o Emprego 2020-Modalidade Online” estará publicadas na sede electrónica do Concello.